Saturday 18 de May de 2024

Máis de 130 nenos e nenas participaron no I Torneo Interclub de Judo de Boqueixón


Case dous anos despois, dende decembro de 2019, o pavillón polideportivo do Forte (Boqueixón) volveu acoller un torneo de judo. Máis de 130 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, participaron no I Torneo Interclub de Judo, organizado pola Escola de Judo e o Concello de Boqueixón.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, fixo entrega de medallas a todos e cada un dos participantes e puxo en valor este tipo de iniciativas “onde os nenos e nenas aprenden a competir como un proceso lóxico dentro da súa evolución deportiva”. Neste sentido, felicitou á organización por ser quen de “volver retomar este tipo de competicións que serven de motivación para a cativada”.

O torneo tivo lugar este sábado 5 de marzo no pavillón municipal do Forte e nel participaron clubs de Vedra, Rois, Bertamiráns, Milladoiro, Teo e Santiago. Unha competición mixta na que cada crianza disputou un mínimo de tres combates. Dende o Concello de Boqueixón agradecen a colaboración das familias, que cumpriron estritamente o protocolo anticovid establecido para a xornada.